Print this page

Quince anos fornecendo de ilusións aos máis pequenos da casa

Rate this item
(3 votes)

A editorial pontevedresa Kalandraka celebrou o pasado 2 de abril, data na que se celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o seu 15º aniversario.

Dende a súa fundación o 2 de abril de 1998, a editorial leva publicados máis de 1300 títulos en diferentes linguas. Libros que, a partir desta semana, vanse poder adquirir online dende calquera lugar do mundo, a través dunha plataforma de comercio electrónico aloxada na páxina web www.kalandraka.com.

Nestes 15 anos de traxectoria, as publicacións de Kalandraka recibiron varios premios nacionais de edición e de ilustración; recoñecementos aos que se sumou recentemente o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural.

Con presenza directa non só no estado español, senón tamén en Portugal, Italia, México e Brasil, a editorial galega vén afianzando a súa proxección exterior: tras participar na 50ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, a próxima cita sectorial á que asistirá será a Book Expo América de Nova York, do 29 de maio ao 1 de xuño.