Print this page

Preséntase en Boloña un catálogo co mellor da LIX galega do 2012

Rate this item
(1 Vote)

O catálogo 2013 dos libros infantís e xuvenís de Galicia presenta as principais novidades editoriais para os lectores máis novos. Galician Books for Children & Young Adultos 2013, publicada pola Consellería de Cultura e elaborada baixo a coordinación editorial da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, realiza un balance da produción literaria que viu a luz durante o ano 2012, a través dun total de 144 títulos procedentes de máis de 40 editoriais.

Este catálogo trilingüe, redactado en galego, castelán e inglés, distribuirase na feira do Libro de Boloña, a máis importante de Europa en canto a LIX se refire e que ten lugar dende hoxe ata o mércores 28 de marzo e onde estará presente, un ano máis, a edición galega.