O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, presentou a semana pasada a publicación Achegar os arquivos históricos e utilizar fontes primarias como ferramentas fundamentais na reconstrución e interpretación dos acontecementos do pasado, dirixida a arquiveiros e a profesores de historia dos Centros de Ensino de Secundaria de Galicia.
Para o director xeral, “os arquivos son laboratorios da historia pero tamén materia para o estudo, a reconstrución e a interpretación do pasado; son unha acumulacións de documentos administrativos producidos de forma natural polos organismos públicos, empresas, asociacións, familias ou simples individuos”.