Un dos nosos escritores máis internacionais, o vilalbés Agustín Fernández Paz, ven de recoñecido de novo alén das nosas fronteiras. Nesta ocasión, Fernández Paz recibe o VI Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, que ten como obxectivo recoñecer a aqueles autores que desenvolveran a súa carreira literaria no eido do libro infantil e xuvenil, e do que quedara finalista o pasado ano.
O galardón desta edición recae no escritor lucense polo "seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil en lingua galega', segundo a acto do xurado, formado por Verónica Abud, Julia Calzadilla, Teresa Colomer, Alicia Molina y Xavier Senín.
Esta é a segunda ocasión en que o premio chega a Galicia, xa que o escritor ferrolán Juan Farias -falecido este ano- gañou a primeira edición deste galardón.
O premio entregarase o 29 de setembro no marco da 25 edición da Feira do Libro de Guadalaxara (México).