Print this page

Ponteceso acolle a mostra Vaidemar, con orixinais da ilustración galega dos últimos anos

Rate this item
(1 Vote)

A Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá ata o vindeiro 8 de febreiro a mostra Vaidemar, impulsada por Galix (Asociación galega do libro infantil e xuvenil) e a Fundación Caixa Galicia.

Vaidemar é unha mostra que pretende achegar a actualidade da ilustración infantil e xuvenil galega a un público especialmente interesado nas imaxes para nenos e nenas. Son dezasete artistas que compoñen a exposición e que foron elixidos baixo o criterio dun mínimo de obra publicada dende o ano 2000 ata o de agora e coa encomenda de interpretar o mar nunha obra inédita e origxnal.

Un mar que propicie distintas olladas e sentimentos, reflectidos en manchas de cor, riscos de lapis, técnicas mixtas e tamén como nexo con outros mares, quizais non tan bravos, nin tan profundos, nin con tanta luz, pero igual de inspiradores.