Print this page

Pilar Marcó Padín gaña o Pura e Dora Vázquez de ilustración

Rate this item
(0 votes)

A ilustradora coruñesa e residente en Barcelona Pilar Marcó Padín ven de gañar a novena edición do premio “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil na modalidade de ilustración, que convoca anualmente a Deputación provincial de Ourense.

O xurado, trala súa deliberación, acordou conceder o premio ao traballo de ilustración presentando por Marcó Padín, traballo que, segundo recolle a acta, axústase ás características descritas nas bases e recolle plenamente o espírito do texto ganador. As ilustracións foron realizadas empregando a técnica do collage, que posteriormente foi tratado e modificado dixitalmente e artisticamente, as ilustracións de Pilar Marcó conforman un traballo harmónico, contemporáneo e cun gran atractivo plástico. Pilar Marcó cursa actualmente un máster en ilustración en Barcelona.

O xurado, presidido por Argimiro Marnotes, estivo integrado por Javier Blanco Sierra (Xavier Riomao), Eva Torres (directora do Museo Municiapl), Modesta Solano (profesora da Escola de Artes e Oficios da Deputación), e Celia Díaz Núñez (gañadora no apartado de narración), actuando como secretario o director do Centro Cultural da Deputación de Ourense, Francisco González Bouzán.