Print this page

Paula Mayor faise co I Premio de Ilustración 'Hércules'

Rate this item
(0 votes)

A editorial coruñesa Hércules de Edicións decidiu a adxudicación da primeira edición do Premio de ilustración “Hércules”, que busca novos talentos no campo da ilustración infantil.

O reto consistía en ilustrar dúas páxinas da maqueta dun libro infantil proporcionado pola editorial. Unha vez seleccionado o ganador, este terá que realizar as restantes ilustracións para o libro para recibir o premio, un contrato de 1.000 euros e, sobre todo, a oportunidade de ver o seu traballo publicado.

Paula Mayor (May), rapaza deseñadora e ilustradora da Coruña, foi a gañadora, e o seu traballo foi o elixido entre as máis de corenta propostas presentadas.

O xurado, formado por integrantes do Departamento de Edición e Publicacións de Hércules de Edicións, e por membros do Equipo Asesor para obras infantís da editorial, destacou a sensibilidade das ilustracións, así como a súa perfecta interpretación do texto.