Para vestir de conto. A tenda CasaK lanza unha liña de roupa para os máis pequenos da casa. Os personaxes dos contos O coelliño branco e A cebra Camila, ambos os dous ilustrados por Óscar Villán e editados por Kalandraka editora, son os dous prmeiros deseños que saltan das páxinas de papel ao gardarroupa.
Trátase de pezas exclusivas deseñadas para nenos de 2 a 6 anos. As roupas contan co selo Oeko-Tex, un certificado que dende 1992 garante produtos téxtiles inocuos para a saúde e o medio ambiente.
CasaK está na avenida de Montero Rios de Bueu.