Os populares Bolechas non podían permanecer alleos ao novo fenómeno da Rede e xa teñen o seu perfil activo nas redes sociais. Podedes atopar a familia Bolechas en Facebook, Tuenti e Twitter, as principais redes do noso país. Deste xeito os máis pequenos da casa poderán estar máis preto dos seus personaxes preferidos e contactar con eles.
Ademáis hai concursos, agasallos, promocións e moitas sorpresas para os que sigan habitualmente as aventuras dos Bolechas. Actualmente propoñen un reto para os internautas: Carlos, o irmán maior, desapareceu da cabeceira da web e escondeuse nalgún lugar da páxina web (www.osbolechas.com). Quen o atope e diga onde está, poderá gañar unha bicicleta.
Unha pista: levaba unha gorra azul e unha mochila verde. Podes consultar as bases do concurso aquí.