Print this page

OQO desenvolverá o programa da UE Cociña de contos

Rate this item
(0 votes)

Afondar na relación entre a literatura e gastronomía e dar a coñecer ambas como punto de encontro entre culturas é o obxectivo das actividades de Cociña de contos. Europa á carta, un proxecto deseñado pola editorial pontevedresa OQO editora e que foi seleccionado para o Programa Cultura 2007-2013 da UE. Con esta finalidade, nenos e nenas gozarán durante este ano —e todo o 2014— de obradoiros literarios, gastronómicos e artísticos.

Xunto a OQO, a editorial portuguesa e a polaca TAKO son socias desta iniciativa multidisciplinar, que conta coa colaboración do Concello de Pontevedra.

O comité de avaliación do Programa Cultura da UE seleccionou Cociña de Contos entre máis de 476 iniciativas presentadas e valorou o seu enfoque “especial e innovador” no coñecemento da diversidade cultural de Europa, “sobre todo entre os máis novos”. No estado español, dos 40 proxectos presentados, só resultaron elixidos 8. Ademais, dos 114 aprobados en total, é o único vinculado á literatura infantil.

Esta é a segunda ocasión en que o Programa Cultura da UE elixe un proxecto onde OQO participa como xestora. En 2009, seleccionou Os contos do camiño, a través do cal máis de 25.000 escolares coñeceron o patrimonio inmaterial e cultural das diferentes rutas xacobeas.