Print this page

Oleiros publica a súa tradicional guía de lectura para este verán

Rate this item
(0 votes)

Xa ven sendo tradicional a guía de lectura que elabora a Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros cando estamos preto do período estival, e este ano non podía ser excepción. Para ler e encantar é un guía realizada polo persoal das bibliotecas da rede e nela pódense atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades. En total está formada por 272 recomendacións de libros, DVD e CD.

Desde as Bibliotecas municipais ofrécese esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un CD e un DVD son tamén un bo agasallo. Son libros, DVD e CD que hai nas bibliotecas municipais de Oleiros e que se poden levar en préstamo para as casas. Uns divirten, outros emocionan, fan pensar, provocan a reflexión ou aportan novos coñecementos.

Os libros figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se recomenda cada obra é só de forma orientativa, xa que cada  nena ou neno ten un grado de desenvolvemento mental que debemos respectar.

Realizáronse 2.000 exemplares que se van a repartir a todo o alumnado desde 6º de educación infantil (5 anos) ata 6º de ensinanza primaria (ambos inclusive) dos centros de ensino público do Concello de Oleiros, así como nas bibliotecas municipais, pero tamén se vai enviar en formato dixital a todos os socios e socias das bibliotecas que teñan correo electrónico.