Print this page

Ocultos, un dos mellores libros editados no pasado ano

Rate this item
(1 Vote)

O ministerio de Cultura do estado español ven de outorgar ao libro Ocultos, editado por Kalandraka editora, o terceiro premio como Libro Mellor Editado no 2012 na categoría de Obras xerais e de divulgación. Estes premios non teñen dotación económica pero son moi valorados polos editores polo que supóns de recoñecemento e prestixio ao seu traballo editorial, así como pola difusión que supón, ao ser incluídos nas accións de promoción do libro e expostos nas principais feiras do sector.

Ocultos, de Xulio Gutiérrez e ilustrado por Nicolás Fernández, é o cuarto título de Animais extraordinarios, unha colección que pretende achegar, mediante textos asumibles para todas as idades e ilustracións artísticas de gran realismo, o espectáculo que nos ofrece a natureza.