Print this page

Obras finalistas dos XVII premios Frei Martín Sarmiento

Rate this item
(0 votes)

A fraga do meu avó, A banda de Raimunda, Conta nove estrelas ou Os peloteiros son algúns dos títulos finalistas da XVII edición do premio Frei Martín Sarmiento. Estes premios naceron no ano 2003 co obxectivo fundamental de fomentar a lectura do libro en galego entre o alumnado pertencente á rede de Escolas Católicas.

Este galardón leva o nome dun grande ilustrado do século XIX amante da lingua, da cultura e do noso país. Cada ano, un grupo de profesores le as novidades publicadas polas distintas editoriais ao longo do curso. Deste proceso saen os finalistas nas seis categorías: Infantil; 1ª categoría: 1º e 2º de Primaria; 2ª categoría: 3º e 4º de Primaria; 3ª categoría: 5º e 6º de Primaria; 4ª categoría: 1º e 2º ESO; 5ª categoría: 3º e 4º ESO; 6ª categoría: Bachelerato e adultos.

Posteriormente, ao redor de 3.000 alumnos/as participan nas lecturas dos libros finalistas e, tras as súas valoracións, coñecemos quen é o autor/a gañador de cada ano. Para valorar as obras, a organización remite aos colexios unha ficha coas categorías e o alumnado só ten que que ter en conta un criterio: “Que libro che gusta máis?”. Deben puntualo de 1 a 5.

A obra que obteña máis puntuación, será a gañadora. Os galardóns entréganse nunha cerimonia a finais de abril do 2021.

 

OBRAS FINALISTAS

INFANTIL

A fraga do meu avó (Galaxia) de Mamá Cabra e ilustracións de María Lires.

Se che pica un mosquito (Kalandraka) de Jordi Gastó i lustracións de Christian Inaraja.

1ª CATEGORÍA (1º, 2º EP)

Hércules e o xigante. Unha torre de lenda (Hércules) de Enrique López.

A banda de Raimunda (Baía) de Pablo Nogueira e ilustracións de Manuel Uhía.

2ª CATEGORÍA (3º, 4º EP)

Animalia. 2 Branco (Xerais) de Xosé Tomás.

Astro Rato e Lampadiña en Patacator Cocido (El Patito) de Fermín Solís. El Patito Editorial.

3ª CATEGORÍA (5º, 6º EP)

Conta nove estrelas (Xerais) de Andrea Maceiras e ilustracións de Paula Mayor.

Os peloteiros (Galaxia) de Patricia Mallo e ilustracións de Dani Padrón.

4ª CATEGORÍA

Unha cidade chamada perfecta (Sushi) de Helena Duggan e tradución de Moisés Rodríguez Barcia.

Maneiras de vivir (Rodeira) de Luis Leante e traducida por Belén Rodríguez Suárez.

5ª CATEGORÍA

Aqueles momentos que perdemos (Oqueleo) de Xavier Estévez.

Ardora (Urco) de Beatriz Maceira Abeleira.

6ª CATEGORÍA

Beleza Vermella (Galaxia) de Arantza Portabales.

Os nomes do vento (Fervenza) de Juan Andrés Fernández.