Print this page

O V Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil afonda nas (entre)textualidades

Rate this item
(0 votes)

Baixo o título (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas chega á súa quinta edición o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que cada ano organiza a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo coa colaboración da AELG e a Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno de Galicia.

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), ten como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.

Desenvolverase na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18.00 h.

A primeira das sesións desta edición centrada na igualdade correrá a cargo da narradora María Solar, que o 1 de outubro falará de Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil.

O día 8 será a quenda de Fran Alonso, que falará sobre as Palabras deseñadas.

A intervención de Ánxela Gracián versará sobre Escribir coa memoria prestada, o día 15 de outubro, mentres que Jacobo Fernández Fernández estará o 22 con En que forno estaba o teu ?.

Rematará o Ciclo o día 29 de outubro coa palestra Explorando narrativas alternativas a cargo de Jorge Campos.

A inscrición, de balde, deberá de ser facer a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.Recoñeceranse15 horas de créditos de libre elección  (en  proceso).