Print this page

O segundo número da revista Criaturas versará sobre o humor na LIX

Rate this item
(0 votes)

Criaturas, a revista dixital de literatura infantil e xuvenil, lanza, co gallo do día da libro, o segundo número da súa revista homónima.

Coordinado por Ledicia Costas e Daniel Landesa, este novo número está centrado no humor na literatura infantil e xuvenil, destacando os dous estudos realizados por María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués respectivamente. No apartado cara a cara, os escritores Francisco Castro e Paula Carballeira realizarán unha entrevista cruzada.

Na sección de crítica o lector atopará recensións de libros actuais e algún que outro clásico, como Osos (Kalandraka) de Ruth Krauss e Maurice Sendak, A galiña azul (Galaxia) de Carlos Casares, A filla do Grúfalo (Patasdepeixe) de Julia Donaldson ou O laboratorio do doutor Nogueira (Xerais) de Agustín Fernández Paz, entre outros moitos.

A proposta didáctica xirará sobre de O castiñeiro de abril (Xerais) de Antonio Manuel Fraga, premio Merlín do ano 2013. Para rematar as máis de cen páxinas deste número unha ampla reportaxe sobre o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

A publicación desta revista compleméntase co labor periódico que dende a web de Criaturas desenvolven en prol da literatura infantil e xuvenil galega.



Additional Info