Print this page

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil, vinte anos revolucionando Pontevedra

Rate this item
(0 votes)

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra arranca hoxe ata o 12 de abril no Pazo da Cultura cunha ampla programación para celebrar os XX anos deste Salón, un proxecto creado hai vinte anos –como sinala a concelleira de cultura Carme Fouces– co ánimo de revolucionar a cidade e que agromou cun claro compromiso co idioma, a cultura do país e os/as seus creadores/as. E esta vixésima edición ten moito de revolución, porque o Salón chegou hai dúas décadas a Pontevedra para por en valor a literatura infantil e xuvenil como a gran literatura que é.

Ao longo das tres vindeiras semanas o Salón encherase de máis de 300 propostas, entre as que se atopan contacontos, obradoiros, presentacións, espectáculos, exposicións, coloquios ou concertos.

A cultura lusófona terá unha especial presenza nesta edición, con autoras e autores, e ilustradores de Portugal, Brasil, Angola ou Cabo Verde, entre outros, coa finalidade de por en valor a dimensión internacional do noso idioma. En Pontevedra estarán presentes nomes como os de Marina Colasanti, Roger Melo (Premio Andersen de Ilustración), André Neves ou Volnei Canónica (Brasil), Zetho Gonzçalvez (Angola) ou Ana Pessoa ou José Antonio Gomes entre outros dos chegados dende Portugal.

Como unha peza fundamental da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebrarase II Congreso Internacional de Mediación Lectora, do 27 ao 30 de marzo, coa finalidade de dar resposta á necesidade de formación por parte do profesorado e alumnado interesado no eido da literatura infantil e xuvenil.

Outro dos puntos centrais deste Salón é a homenaxe que se lle renderá a Antonio García Teijerio o martes 2 de abril co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

 

 

Additional Info