Print this page

O novo libro dos Bolechas busca concienciar sobre o acollemento familiar

Rate this item
(0 votes)

A consellería de Traballo e Benestar presentou o novo libro dos Bolechas, Os Bolechas aumentan a familia, no que se converten en familia de acollida de dous cativos, Noela e Vintil, e do seu can, Sudoku. Deste xeito quérese impulsar a divulgación do acollemento familiar, un recurso que ofrece aos menores que o necesitan un fogar e unha familia coas que viviren mentres se solucionan os problemas da súa. Esta publicación deste novo conto da colección dos Bolechas coincide coa celebración a nivel mundial do Día Internacional da Familia mañá 15 de maio.

A Consellería de Traballo e Benestar distribuirá 5.000 libros por centros educativos, bibliotecas e entidades que traballan coa infancia e a familia para darlle visibilidade a estes recursos e conseguir que sexan cada vez máis coñecidos e recoñecidos

A serie dos Bolechas, creada por Pepe Carreiro, caracterízase por mesturar unha parte didáctica e outra de humor e lecer, unha combinación para poder chegar aos nenos e nenas e aos seus pais e familias e que leva triunfando xa 14 anos en Galicia.