Print this page

O meu pesadelo favorito no catálogo White Ravens 2015

Rate this item
(0 votes)

A versión en castelá de O meu pesadelo favorito, da escritora e xornalista María Solar e ilustracións de María Lires, ven de ser escollido para formar parte do prestixioso catálogo White Ravens, unha listaxe compilada por especialistas da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic, e que reúne obras que -na súa consideración- merecen a atención mundial debido a súa temática e excepcional estilo artístico e literario. O meu pesadelo favorito (Galaxia) xa acadara no 2014 o Premio Lazarillo, que organiza a Organización Española Para o Libro Infantil e Xuvenil.

Ademais, os White Ravens 2015 contan con máis presenza galega, o libro Feliz Feroz (Anaya), ilustrado polo artista coruñés Alberto Vázquez foi seleccionado igualmente para formar parte do catálogo. Pola súa banda, a pontevedresa Kalandraka editora suma un novo libro do seu catálogo aos White Ravens, trátase de Ícaro, do pacense Federico Delicado, obra gañadora do VII premio internacional Compostela de álbums ilustrados.

Formar parte do catálogo dos White Ravens supón un pulo importante tanto para o autor como para a obra, no que respecta a recoñecemento e a difusión. En total, nesta edición do 2015, son 200 libros os que conforman o catálogo e procedentes de 36 linguas diferentes.

 

Additional Info