Print this page

No 12º Salón do Libro de Pontevedra contaranse moitas mentiras

Rate this item
(0 votes)

O Pazo de Cultura de Pontevedra acollerá dende o domingo 6 de febreiro ata o vindeiro 19 de marzo o 12º Salón do Libro de Pontevedra.

É mentira é o tema escollido para elaborar a programación deste Salón do Libro, que contará cun programa que inclúe obradoiros, teatro, exposicións, contacontos ou visitas guiadas polo casco histórico da cidade.

Como en anos anteriores, haberá actividades diarias para nenos e adultos, que se completarán coas actividades que se desenvolverán no Pazo da Cultura. Entre esas actividades, é de subliñar a homenaxe que o Salón do Libro dispensará á escritora Gloria Sánchez, autora dunha trintena de obras publicadas e diversos premios.