Print this page

Nace Kalandraka TV, como unha canle para a difusión da LIX

Rate this item
(0 votes)

A editorial pontevedresa Kalandraka vén de crear unha canle de televisión dixital, www.kalandraka.tv, para xerar contidos informativos especializados no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil, que contribúa á promoción deste xénero e sexa unha ferramenta de formación para creadores, profesionais vencellados ao libro e á lectura, ademais das familias.

Con 20 anos de traxectoria, recoñecidos co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012, Kalandraka dá o salto ao medio audiovisual para dar a coñecer os artífices dos libros, as súas obras e o proceso de traballo que conlevan. Nesta canle tamén terán visibilidade os espazos onde habitan os libros -bibliotecas, librarías, escolas- e tamén será un punto de referencia sobre novidades editoriais, recomendacións de lectura, actualidade e actividades de promoción lectora.

A grella de contidos de Kalandraka TV está artellada nunha ducia de seccións, que van dende o apartado de Crónica (reportaxes monográficos), pasando por Atelier (os artistas abren as portas dos seus talleres), recomendacións, booktrailers, actualidades, etc...

Con Beatriz Campos como presentadora e José Miguel Sagüillo como realizador, Kalandraka TV, ofrece contidos en lingua galega subtitulados en castelán, e viceversa; ademais de respectar a lingua orixinal dos protagonistas, en consonancia co carácter internacional e plurilingüe do proxecto editorial.

A presentación pública de Kalandraka TV presentouse onte no Espazo Nemonon de Pontevedra.

Additional Info