Print this page

María Reimóndez gaña o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

Rate this item
(0 votes)
María Reimóndez María Reimóndez Foto: Twitter

O escritora luguesa María Reimóndez ven de gañar o I Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade pola súa obra Fóra do normal. Este premio, convocado por vez primeira polo Instituto de Estudos Chairegos e o concello de Vilalba coa colaboración de Xerais, quere ser unha homenaxe ao ilustre escritor vilalbés, finado no verán do 2016.

O xurado, formado por Marica Campo, Manuel Bragado e Xabier P. Docampo, premiaron a obra de Reimóndez por decisión unánime, e destacou da obra gañadora o tratamento da temática trans, dos personaxes e da banda deseñada como camiño de comprensión do mundo, así como o valor de contar con heroes á hora da superación do conflito. O Xurado quixo destacar tamén a calidade das obras presentadas baixo os lemas Guntur e Po estelar.