Print this page

Manuel Lourenzo gaña o premio O Barco de Vapor

Rate this item
(0 votes)

O autor vilaboés Manuel Lourenzo González fíxose coa vixésimo sexta edición do premio O Barco de Vapor, organizado pola Fundación SM pola obra Mundo ARB.

O xurado do premio, formado por Manuel Figuerias Fernández, especialista en literatura infantil e xuvenil; Isabel Soto López, crítica literaria e tradutora; e Xavier Senín, catedrático de Bachelerato e escritor, sinalou que a novela gañadora é “unha narración chea de imaxinación e fantasía, que destaca polo atinado deseño do mundo no que transcorre, coa utilización dunha linguaxe propia que da conta de todas as súas peculiaridades”.

Igualmente, o xurado destacou que a intensa viaxe chea de aventuras que é a obra "incide na defensa da natureza e na importancia de preservala".

A Fundación SM, que convoca este galardón dende 1984, busca potenciar a creación de literatura infantil e xuvenil en galego, que fomente o gusto pola lectura, e transmita uns valores humanos, sociais, culturais ou relixiosos que axuden a construir un mundo máis digno.