O CEIP Isaac Peral de Ferrol, a través do equipo da biblioteca, organiza a II Feira do Libro Solidario. Esta actividade levarase a cabo na semana do 23 ao 27 de abril, e servirá para conmemorar igualmente o Día do Libro.
A idea é que os alumnos poidan traer libros, tanto infantís como para adultos. O custo dos mesmos será de 1 e 2 euros, dependendo de se o libro é para nenos ou para adultos, respectivamente.
Os pais poderán acudir á Biblioteca do Centro o martes 24 pola tarde de 16.00 h. a 19.00 h. e o resto da semana pola mañá de 9.00 h. a 10.00 h.
Todo o importe recadado será enviado aos campamentos saharauís, xa que é o proxecto no que estamos a traballar este curso o centro.
Dende a organización agradecen que os interesados en levar libros o fixeran o antes posible, para poder clasificalos e organizar a actividade.