Print this page

Libros para Soñar abre en Coruña

Rate this item
(0 votes)

Tras varios anos alimentando soños no casco vello de Vigo, a libraría Libros para Soñar -especializada en Literatura Infantil e Xuvenil- abre as súas portas na Coruña. O acto de inauguración, no que vai participar o equipo de animación á lectura de Kalandraka editora, xunto con varios autores e ilustradores, consistirá nunha sesión especial de contos e música, aberta ao público, que se vai celebrar este venres 30 de setembro a partir das 18.00 h.  

Este novo espazo pon a disposición dos nenos e nenas e das súas familias, dos docentes e animadores socioculturais, dos bibliotecarios e lectores en xeral, tanto infantís como adultos, unha ampla selección do máis salientable do panorama editorial. Tamén conta cunha zona de lectura e cunha sala para realizar sesións de contacontos, obradoiros infantís de plástica e de escrita creativa, cursos de formación para mediadores e profesionais do ensino, e exposicións de ilustracións orixinais co obxectivo de inculcar a sensibilidade estética necesaria para apreciar o traballo dos artistas plásticos nos libros.