Print this page

Ler conta moito achegará neste 2017 máis de 750 actividades en prol da lectura

Rate this item
(0 votes)

O programa Ler conta moito, promovido pola Consellería de Cultura do goberno galego en colaboración cos concellos, levará ao longo de 2017 máis de 750 actividades de dinamización da lectura ás bibliotecas públicas municipais espalladas por todo o país.

Sesións de contacontos participativos, obradoiros de poesía, de ciencia ou de arte, narracións musicadas, conversas con autoras e autores ou encontros con ilustradores son algunhas das actividades deste programa dirixido a públicos diversos, con especial atención aos máis novos. ‘Brinca vai!’, con Paco Nogueiras, a ‘Poesía musicalizada’, de Manoele de Felisa, a divulgación científica de ‘Efervesciencia’ ou ‘Rosa Caramelo e outras historias’, de Talía Teatro, son algunhas das protagonistas destas primeiras semanas.

Con esta diversidade de formatos e atención a intereses diferentes, o goberno de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.

Ler conta moito incorporou en 2017 algunhas novidades. Así, ademais do incremento do volume total de actividades programadas, estas están na súa totalidade dirixidas ás bibliotecas públicas e axencias de lectura municipais, fronte ás convocatorias anteriores que incluían as actividades programadas nas bibliotecas públicas nodais.

As actividades do programa poden consultarse na rede, na Axenda de Cultura de Galiciawww.cultura.gal/axendaou na páxina da Rede de Bibliotecas Públicas de Galiciahttp://rbgalicia.xunta.gal/gl/recursos-para-profesionais/ler-conta-moito. No transcurso do programa, as bibliotecas tamén comparten o relato das actividades realizadas no bloghttp://blogs.xunta.gal/lercontamoito/.