Print this page

Kalandraka recibe o Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural do 2012

Rate this item
(3 votes)

O Ministerio de Cultura ven de galardoar á editorial pontevedresa Kalandraka co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural do 2012 polo “seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros máis complexos como a poesía”. Do mesmo xeito subliñan o seu papel relevante tanto a nivel estatal como internacional.

Este premio ten como obxecto distinguir o conxunto do labor editorial dunha persoa física ou xurídica que destacara pola súa sobresaínte e innovadora achega á vida cultura do estado durante o ano anterior. Ten un gran valor honorífico.

O xurado formárono Raúl Fernández, pola Asociación Colegial de Escritores de España (ACE); Mauricio Santos, pola Federación de Gremios de Editores de España (FGEE); Alberto Sánchez, pola Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros (CEGAL); Pedro Cerrillo, pola Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE); nx0woé Manuel Anta, pola Federación de Asociaciones Nacionales de Distribuidores de Ediciones (FANDE); Blanca Berasategui, pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE); Marián López, polo Instituto de Investigaciones Feministas; Pere Vicens, polo ministro de Educación, Cultura y Deporte; e Oblit Baseiria en representación da editorial Libros del Zorro Rojo, galardoada na edición anterior. Actuou como presidenta a director xeral de Política e Industrias Culturales y del Libro, Teresa Lizaranzu, e como vicepresidenta a subdirectora xeneral de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas, Mónica Fernández.