Print this page

Kalandraka coloca cinco títulos na lista do Banco do Libro de Venezuela 2014

Rate this item
(0 votes)

O Banco do Libro de Venezuela incluíu cinco títulos do catálogo da editorial galega Kalandraka Editora na súa prestixiosa selección Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2014. Trátase de El idioma secreto, un poemario de María nx0woé Ferrada ilustrado por Zuzanna Celej, na categoría de libros infantís; neste mesmo apartado recibiu unha mención o álbum animado Nueva York en pijamarama, de Michael Leblond e Frédérique Bertrand.

No capítulo de libros xuvenís obtivo outra mención Bandada, de David Álvarez e Julia Díaz e obra gañadora do Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. A lista complétase con ¡Muchas gracias!, de Isabel Minhós e Bernardo Carvalho (titulado Grazas na súa versión galega), e Palabras, de Jesús Marchamalo e MO Gutiérrez Serna, clasificados na sección Los imprescindibles de la biblioteca.

Dende hai 34 anos, o Comité Interdisciplinario de Avaliación de Libros do Banco do Libro (sección venezolana do IBBY) discute e estudia centenares de publicacións coas que configura a súa listaxe anual. A mostra deste ano estivo composta por 140 libros en total, 108 para nenos e 41 para xoves.

Esta selección Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes conta cun gran recoñecemento en Iberoamérica.