Print this page

Gálix múdase á Cidade da Cultura de Galicia

Rate this item
(0 votes)

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) ven de trasladarse á Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Entre os elementos que chegan ao complexo do Monte Gaiás está a biblioteca da asociación, composto por preto de 3.000 volumes postos a disposición do público interesado, amais de todas aquelas publicacións que teñen que ver coa Literatura Infantil e Xuvenil do noso país.

Trátase basicamente de obras de creación, no citado ámbito infantil-xuvenil, sobre todo narrativa e cunha colección especialmente centrada nos autores e editores galegos. Hai tamén, aínda que en menor cantidade, estudios e obra de ensaio sobre LIX. Tamén inclúe as publicacións de Gálix e de outras entidades.

Neste momento a colección está clasificada en cincos partes: obra orixinal en galego, traducións do galego a outras linguas, traducións de outras linguas ao galego, obras en castelán e obras noutras linguas.