Print this page

GÁLIX distingue a Agustín Fernández Paz como Socio de Honra da Asociación

Rate this item
(1 Vote)

Un ano máis GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) vai proceder á distinción de Socio de Honra de GÁLIX a un membro da asociación cuxos méritos sexan indiscutibles e sobrados. Se o ano pasado o premio recaía na figura de Xosé Neira Vilas, este ano o homenaxeado será a Agustín Fernández Paz, un dos nosos autores máis sobranceiros e sen o que a LIX galega, definitivamente, non sería hoxe a que é.

O acto de homenaxe terá lugar o vindeiro 18 de outubro, ás 11.00 h., na Sala de Conferencias do Centro Cultural Novacaixagalicia (antigo Teatro García Barbón) de Vigo. No acto participarán un mollo importante de rapaces e rapazas, lectores da obra de Agustín.