Print this page

Gálix chega a acordos con Cultura e Turismo e con Redelibros para potenciar a LIX

Rate this item
(0 votes)

A nova directiva de Gálix reuniuse co director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, para tratar as liñas de colaboración entre ambas partes de cara a este novo exercicio e co obxectivo de potenciar a literatura infantil e xuvenil tanto no mercado nacional e como no intencional.

Entre os temas que se trataron nesta xuntanza destacan a presenza de Galicia na ‘Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña’, que se celebrará entre o 28 e o 31 de marzo, e onde está previsto presentar a edición do Catálogo do libro infantil e xuvenil de Galicia correspondente a 2011. Asemade, acordouse por en marcha unha serie de iniciativas dirixidas a apoiar a imaxe da literatura nas primeiras etapas da vida das persoas, na que Galicia conta xa cun ben gañado prestixio internacional.

Doutra banda, afondouse na idea de designar anualmente un socio de honra de Gálix, que se escollerá entre autores relevantes no plano mundial vencellados á creación literaria infantil e xuvenil. Para este ano, trabállase coa idea de designar un autor galego de gran proxección e obra ben consolidada. Nesta ocasión a presente directiva decidiu por unanimidade escoller a Xosé Neira Vilas como Socio de Honra.


Gálix e Redelibros.

A partir do luns 17 de xaneiro, unha colaboración entre Gálix e a plataforma Redelibros levará a algúns dos autores/as e ilustradores/as máis importantes de Galicia no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil a compartir artigos de opinión, reflexións e escritos de toda clase para mover á reflexión e o debate arredor da literatura en xeral, ou calquera outro asunto dos moitos que, como xentes da cultura, nos preocupan. O primeiro artigo, presentando a iniciativa, correrá a cargo do escritor e presidente de GALIX, Francisco Castro.