Print this page

GÁLIX acolle todos os meses un faladoiro literario entorno á LIX

Rate this item
(0 votes)

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) acolle, baixo a coordinación do escritor Miguel Vázquez Freire, unha serie de faladoiros literarios entorno á Literatura Infantil e Xuvenil.

Como explica o propio coordinador: "Reunirémonos un venres ao mes, que será convocado ao final de cada unha das xuntanzas, cunha moi simple metodoloxía de traballo, consistente en que cada un dos participantes traia un libro para comentar, ben sexa porque lle gustou moito, porque non lle gustou nada ou por calquera outra razón que xustifique a súa lección. Trátase de vérmonos nun ambiente relaxado e informal, o propio dos faladoiross, para trocar apreceres sobre algo que tod@s amamos: os libros para a infancia e a xuventude."

O primeiro destes faladoiros terá lugar o 28 de setembro a partires das 17.00 h. no local que GÁLIX ten en Santiago de Compostela (Galeras, 17, 1º, local 3 ).

Se queres participar e tes algunha dúbida podes contactar no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..