Print this page

Gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012

Rate this item
(0 votes)

O CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao de e o IES Xoán Montes de , baixo as categorías de centros de educación infantil e primaria e de centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, respectivamente, resultaron gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2012 organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Deste xeito, as dúas coleccións de 10 carteis que conforman as dúas exposicións gañadoras ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’ -do CEIP Alfonso Daniel R. Castelao- e ‘Colleita do 1898’ -do IES Xoán Montes- imprimiranse e distribuiranse, acompañadas de cadansúa guía didáctica explicativa, para fomentar o achegamento do alumnado a Paz-Andrade e á súa obra. Os grupos de traballo que participaron na súa confección recibirán ademais un premio en metálico por importe de 3.000 euros cada un.

Tamén a través dos materiais que integran ‘Valentín Paz-Andrade, galego de corazón’ e ‘Colleita de 1898’ quere a Consellería de Cultura e Educación, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fornecer de material complementario as aulas da materia de Lingua galega e literatura, e facilitarlle ferramentas ao profesorado encargado da súa impartición, no marco dos currículos escolares da ESO e do Bacharelato.

Estas dúas exposicións e as guías didácticas explicativas que as acompañan constitúen ademais un material de apoio ao importante labor desenvolvido desde os Equipos de dinamización da lingua galega en favor da aprendizaxe da lingua galega, así coma da súa promoción e valorización social.