Print this page

Gálix nomea a Helena Villar Janeiro Socia de Honra 2015 da entidade

Rate this item
(0 votes)
Foto: Eduardo Castro Bal Foto: Eduardo Castro Bal

GÁLIX (Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil) decidiu nomear Socia de Honra 2015 da entidade á escritora e poeta Helena Villar Janeiro. Deste xeito, a escritora e poeta becerrensa converterase na sexta galardoada da mención que outorga Gálix, tras Xavier Senín, Xosé Neira Vilas, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey e Xoán Babarro.

Co gallo deste nomeamento Gálix celebrará o vindeiro 9 de decembro un acto aberto ao público para homenaxeala. Este evento terá lugar no IES Xelmirez I de Santiago de Compostela -centro onde se xubilou Helena Villar- ás 13.30 h.

A escritora María Solar -e alumna de Helena- será a encargada de realizar a laudatio e logo o alumnado do centro participará coa lectura de textos de Helena Villar Janeiro e manterá con ela un diálogo sobre a súa obra e vivencias.

O Presidente de GÁLIX fará entrega da escultura, deseño de Noemí López, que acredita o seu nomeamento.

A obra de Helena Villa Janeiro sempre estivo moi vinculada ao mundo da literatura infantil e xuvenil, como se desprende das máis de vinte obras escritas para este público. Un recoñecemento a unha grande traxectoria.