Print this page

Galaxia Tales, contos interactivos da man da editorial Galaxia

Rate this item
(0 votes)

A editorial Galaxia ven de abrir Galaxia Tales, unha web de contos interactivos en Rede, listos para ser visualizados e mercados dende calquera soporte que teña conexión a Internet.

En Galaxia Tales podes atopar contos en galego, castelán e inglés, que non só conteñen animacións, senón tamén música orixinal e locución nas tres linguas para que poidan ser gozadas de moitas maneiras. Nacen cun prezo simbólico de 2'42 euros e dende a web existe a posibilidade de, antes de mercar, visionar aproximadamente un 20 por cento de cada conto. O proxecto complétase con fondos de escritorio, láminas para colorear e extras relacionados cos autores, ilustradores e actrices de dobraxe que participan no proxecto. Neste intre, Galaxia Tales arrinca con dous contos: Unha sorpresa para Goruk de Daniel Landesa con ilustración de María Longa e Así comezaron as aventuras da Rosa dos Ventos e Xan Pericán de Joel Franz Rosell con ilustración de Luis Castro Enjamio.

Esta é unha das novas iniciativas posta en marca dende Galaxia, xunto a Galaxia Comic, unha aplicación en galego, castelán, inglés e coreano, que nos permitirá ler nas tablets e móbiles novelas gráficas e toda clase de produtos relacionados coa banda deseñada.

 

Additional Info