O premio Frei Martín Sarmiento, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas de FERE de Galicia, e que se concede ás mellores obras de literatura infantil e xuvenil escritas en galego, máis outra categoría para adultos, ven de facer público os títulos das obras finalistas. Este premio ten a singularidade de que os gañadores son elixidos a través do voto dos seus lectores finais, onde participan ao redor de 2.500 nenas e nenos a través do colexio.
Finalistas da IX edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento
1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria
Vou ter un irmán (Galaxia) de María Solar.
A maceira que daba calquera cousa menos mazás (Everest) de Pinto&Chinto.
Rodribico e a noite (Baía Edicións) de Manuel Guisande.
2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria
Ti non xogas (Xerais) de Xurxo Silvestre Gómez.
Rosalía e os equinodermos (Tambre) de Antón Cortizas.
3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria
A chave da Atlántida (Xerais) de Anxo Fariña.
Xoeliki (Sotelo Blanco) de Abraham Carreiro.
4ª categoría: 1º e 2º de ESO
Mortos de ningures (Everest) de Pereledi.
Fantasmas de luz (Xerais) de Agustín Fernández Paz.
5ª categoría: 3º e 4º de ESO e Bacharelato
Lena e o lobishome (Tambre) de Carlos Laredo.
O noso amor será eterno (Xerais) de X.H. Rivadulla Corcón.
6ª categoría: adultos
Todo é silencio (Xerais) de Manuel Rivas.
Laura no deserto (Galaxia) de Antón Riveiro Coello.