Print this page

Fina Casalderrey nomeada Socia de Honra de Gálix

Rate this item
(1 Vote)

O Consello Directivo da Asociación Galega do libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) decidiu nomear como Socia de Honra 2013 á escritora Fina Casalderrey. O acto celebrarase no mes de decembro na festa anual da Asociación.

Deste xeito, o nome de Fina Casalderrey únese aos nomes de Xosé Neira Vilas e de Agustín Fernández Paz, quen viron recoñecidos con anterioridade a súa traxectoria literaria por GÁLIX.

Fina Casalderrey (Pontevedra, 1952) é unha das escritoras máis recoñecidas, traducidas e premiadas no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega. Deuse a coñecer con Mutacións xenéticas (1991). Foi premio Merlín, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil ou premio Edebé, entre outros. En 2013 foi nomeada académica de número da RAG e recoñecida pola Asociación Galega de Editores como Autora do Ano 2012.