Print this page

Ferrol convoca o XI Certame Poesía e Imaxe En galego sen filtro

Rate this item
(0 votes)

O Concello de Ferrol, a través do departamento de Normalización Lingüística e en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, vén de convocar o XI Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe En Galego, sen Filtro, dirixido a alumnos e alumnas de todos os niveis de ensino non universitario (Educación Infantil, Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos).

Poderá participar neste certame todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino -públicos ou concertados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística. As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal elixindo entre as modalidades de debuxo, pintura, colaxe ou fotografía e para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha das 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo das bases, como Manuel Rivas, Lois Pereiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro, Joan Margall (en catalán), Katherine Mansfield (en lingua inglesa), Aleksandr Pushkin (en ruso) ou Cesare Pavese (italiano). Tamén se inclúen versos en lingua alemana ou persa, entre outras.

Os centros participantes desenvolverán as súas actividades en dúas fases: centros e intercentros. Así, na primeira delas realizaranse actividades que relacionen o mundo da expresión poética co da expresión plástica e será o centro o que selecciona unha única obra por nivel educativo para participar na segunda fase. Os orixinais seleccionados deberanse enviar antes do 23 de marzo ao seguinte enderezo: Equipo de Normalización Lingüística. IES Concepción Arenal. R/ Cuntis, 1. C.P. 15.402. Ferrol.

Coas obras seleccionadas o Concello de Ferrol realizará unha exposición pública no mes de maio, que estará a disposición dos centros educativos de Ferrol e comarca.