Print this page

Fernández Paz, candidato ao premio ALMA 2014

Rate this item
(0 votes)

O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz recunca como candidato ao Memorial Astrid Lindgren (ALMA) 2014. Este galardón, que outorga o goberno sueco anualmente, premia a un autor de literatura infantil e xuvenil, a un ilustrador ou a un promotor da lectura, de calquera país do mundo. O obxecto deste premio é homenaxear á creadora de Pippi Meialonga.

Son un total de 238 candidatos procedentes de 68 países. O nome do gañador coñecerase o 25 de marzo de 2014. a entraga do premio realizarase o 2 de xuño nunha cerimonia no Stockholm Concert Hall.

Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil. É autor de máis de corenta e cinco títulos dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros, escritos en galego, tradúcense habitualmente ás outras linguas como o castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, francés, árabe ou o italiano.