Print this page

Facendo Irmandade en familia no Museo do Pobo Galego

Rate this item
(0 votes)

No mes de xullo, o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, desenvolverá os obradoiros Facemos Irmandade? arredor das Irmandades da Fala e da exposición sobre elas que se amosa no Museo ata o 31 de Xullo.

En tres xornadas distintas e con diferentes metodoloxías, nenos, nenas e persoas adultas poderán achegarse ao importante labor deste colectivo do que, neste ano, celebramos o centenario da súa fundación.

 

Programa

5 de xullo. De 18.00 h. a 19.30 h. En busca dos tesouros das Irmandades. Para nenas e nenos de 5 e 6 anos.

6 de xullo. De 18.00 h. a 19.30 h. En busca dos tesouros das Irmandades. Para nenas e nenos de 7 a 9 anos.

7 de xullo. De 18.00 h. a 19.30 h. Pegadas das Irmandades en Compostela. En familia.

Os obradoiros, que serán dirixidos por Educultoras, contan cun aforo limitado polo que é necesario inscribirse en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 981 583620.

Os obradoiros son gratuítos para persoas socias e familias con persoas no desemprego. Ten un custe de 2€ para quen non estiver en ningunha destas situacións.