Print this page

Este ano o Salón do Libro irá A toda máquina!

Rate this item
(0 votes)

Todo listo para que arranque o do Salón do Libro de Pontevedra, que este ano celebra a súa catorce edición baixo o lema de A toda máquina!. Principiará o sábado 2 de marzo e prolongarase ao longo de case todo o mes de marzo, ata o 23.

Este proxecto, promovido polo Concello de Pontevedra no ano 1999 co afán de reunir a un grupo de persoas en torno a unha mesma afección, a lectura, foi derivando ao longo das súas xa 14 edicións ata converterse nun evento cultural e literario considerado un referente máis ala das fronteiras de Pontevedra e Galicia.

Esta edición, que homenaxea a traxectoria da escritora Marilar Aleixandre, xirará en torno ao lema "A toda máquina!, invitando aos participantes a inventar, crear, experimentar, construír e proxectar ideas e facelas realidade para este Salón, tal e como fixo a ilustradora Almudena Aparicio, deseñadora do cartel.

Serán preto de cen actividades dirixidas a todas as idades, prestando, por suposto, unha especial implicación cos futuros lectores. Contacontos, obradoiros, teatro, roteiros, pasarrúas, actividades para bebés, presentacións de libros, ... serán algunhas das actividades que acapararán a atención de todos os visitantes que se acheguen ata o Pazo da Cultura de Pontevedra.