Print this page

Entréganse os Premios Frei Martín Sarmiento, convocados pola Ferega-CECA

Rate this item
(0 votes)

O pasado 3 de maio, no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, entregáronse os premios literarios Frei Martín Sarmiento, que xa van pola súa décimo quinta edición. O acto foi conducido pola xornalista e locutora da cadea COPE Paula Pájaro, estivo presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e polo presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján.

Ao redor de 3.000 alumnos e alumnas deciden cos seus votos quen son os merecedores deste galardón literario, que leva o nome do bieito ilustrado e defensor da lingua galega Frei Martín Sarmiento, nas súas sete categorías.

Os gañadores desta XV edición son:

- Campus Morte (Galaxia) de Lito Vila Baleato. Gañador da sexta categoría, dirixida a Bacharelato e a adultos.

- Descoñecidos (Rodeira) de David Lozano. Gañador da quinta categoría, dirixida a 3º e 4º de ESO.

- A incrible viaxe de Noa (Contos estraños) de Fernando M. Cimadevila. Gañador da cuarta categoría, dirixida a 1º e 2º de ESO.

- A Señorita Bubble (Xerais) de Ledicia Costas. Gañadora da 3ª categoría, dirixida a 5º e 6º de Educación Primaria.

- Catro pedras vellas (Baía) de Pere Tobaruela. Gañador da 2ª categoría, dirixida a 3º e 4º de Educación Primaria.

- Cinco minutos (Auga) de María Lado e Noel nove. Gañadora da 1ª categoría, dirixida a 1º e 2º de Educación Primaria.

- Un máis (Kalandraka) de Olalla González e Marc Taeger. Dirixida a educación infantil.

Ferega-Ceca vén impulsando desde hai anos estes premios literarios. O Premio Frei Martín Sarmiento é unha actividade de animación á lectura en lingua galega mediante a cal proponse unha serie de libros finalistas en diferentes categorías dende Educación Infantil ata Bacharelato que os alumos len ao longo do curso e emiten as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías.