Print this page

Dragal e Menú de enganos premiados polos rapaces do Frei Martín Sarmiento

Rate this item
(0 votes)

Na Festa da lingua celebrada o 24 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra fixéronse públicos os/as gañadores/as da VIII Edición do Premio Frei Martín Sarmiento para a 4ª (1º e 2º ESO ) e 5ª categoría (3º e 4 de ESO e Bacharelato).

Este premio está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Escolas Católicas e son os propios alumnos de diferentes cursos (entre 1º de Educación Primaria e 4º da ESO) quen escolle os gañadores en cinco categorías, ás que hai que sumar unha sexta onde é o público adulto quen elixe o gañador.

Na 4ª categoría o premio foi para a obra Dragal (Xerais) de Elena Gallego Abad. A escritora turolense impúxose as outras dúas finalistas: Violeta Tamurana (Baía) de Andrea Maceiras e Suso Espada "Nota Roja" (Everest) de Francisco X. Fernández Naval.

Pola súa banda, na 5º categoría a obra gañadora foi Menú de enganos (Galaxia) de Manuel Núñez Singala. Como finalistas estaba as obras de Marcos Calveiro Settecento (Xerais) e O segredo de Marco Polo (Galaxia) de Francisco Castro.

Todavía falta por coñecer os gañadores do resto de categorías, donde as obras finalistas son as seguintes:

1ª categoría: 1º e 2º de Educación Primaria.

As espiñas do porco espiño (A nosa terra) de Abraham Carreiro; María ( Everest) de María Corleone; e Xurxiño que ser... (Baía) de Miguel Vázquez Freire.

2ª categoría: 3º e 4º de Educación Primaria.

A peripecia de Roi (Edelvives) de Carlos López; Xoa (Xerais) de Antonio Yáñez; e Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka) de Pinto&Chinto.

3ª categoría: 5º e 6º de Educación Primaria.

A filla do ladrón de bicicletas (Xerais) de Teresa González Costa; Os tratantes de papagaios (Galaxia) de Leticia Vila Sexto; e Brais e os demais (Galaxia) de Manuel Darriba.

6ª categoría: adultos.

Futuro imperfecto (Galaxia) de Xulia Alonso; Denso recendo a salgado (Xerais) de Manuel Portas; e A lei das ánimas (Galaxia ) de Carlos G. Reigosa.