Print this page

Dispoñible a edición electrónica do Galician Books for Children and Young Adults 2014

Rate this item
(0 votes)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, baixo a coordinación editorial da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix), promove a proxección exterior do sector editorial galego cunha nova edición do catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia, que reúne a produción editorial máis recente para o público lector máis novo.

A publicación de 2014 inclúe un total de 148 títulos, dos que se ofrece información en galego, inglés e castelán. O obxectivo principal da obra é facilitar as relacións no ámbito galego e internacional dos axentes da industria do libro e a súa difusión está enfocada principalmente á Feira do Libro e Infantil e Xuvenil de Boloña, o referente profesional a nivel internacional da edición infantil e xuvenil, onde foi distribuída o pasado mes de marzo.

Galician Books for Children and Young Adults é o título en inglés deste catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia, no que se amosan os títulos máis recentes de editoriais como Baía Edicións, Editorial Bululú, Demo Editorial, Edicións do Cumio, Edicións Embora, Everest Galicia, Edicións Fervenza, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editoa, Novagalicia Edicións, Ouvirmos, OQO editora, Edicións Xerais e Urco Editora, entre outras.

Coa intención de lle dar a máxima difusión, ademais da súa distribución en papel nas principais feiras internacionais do libro, o catálogo estará accesible na súa versión dixital na páxina web de Cultura.

Additional Info