Print this page

David Pintor seleccionado para a Bienal de Bratislava

Rate this item
(2 votes)

A ilustración galega estará presente na 24ª Bienal de Bratislava, que se celebrará na cidade eslovaca do 6 de setembro ao 25 de outubro de 2013. Será da man de David Pintor, quen recunca de novo (xa fora seleccionado no 2009) coas ilustracións de As estrambóticas viaxes de Gulliver, publicado o pasado ano pola editorial Bululú.

A Bienal de Ilustración de Bratislava (BIB) é un dos certames máis lonxevos do panorama internacional. Ven celebrándose dende o ano 1967 e é un dos premios de libros infantís máis prestixiosos na actualidade, xunto co Hans Christian Andersen Award. Os ilustradores son seleccionados por un xurado internacional, e a súa obra exhíbese en Bratislava, Eslovaquia. Está patrocinado pola UNESCO e polo Ministerio de Cultura eslovaco. Hai once premios (cinco mazás de ouro, cinco placas e unha mención) máis un Grande Premio.

Additional Info