Print this page

Daniel Iglesias faise co Pura e Dora Vázquez de Ilustración

Rate this item
(0 votes)

O pontevedrés Daniel Iglesias Padrón foi o gañador da VIII edición do Premio “Pura e Dora Vázquez” de literatura infantil e xuvenil na modalidade de ilustración, que convoca anualmente a Deputación provincial de Ourense.

O xurado desta oitava edición, presidido por nx0woé Luis Valladares Fernández, estivo integrado por Javier Blanco Sierra (Xavier Riomao), Ana Malingre Rodríguez, César Taboada Varela e María Canosa Blanco, actuando como secretario o director do Centro Cultural da Deputación de Ourense, Francisco González Bouzán.

O traballo artístico de Daniel Iglesias estivo baseado no relato O papaventos de Laura, de María Canosa, que fora premiada no pasado mes de outubro na modalidade de narración.

O libro, que editará a Deputación de Ourense, distribuirase por todas as bibliotecas e centros da provincia.