Print this page

Cóntame un conto para herdar o coñecemento dos avós

Rate this item
(0 votes)

A Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense, co apoio da Consellería de Cultura e Educación, organiza o programa Avó... cóntame un conto, que ten como obxectivo achegar a lectura aos máis cativos. Avó... cóntame un conto desenvolverase ao longo deste mes de novembro en diversas librarías da cidade das Burgas. Nestes espazos levárase a cabo o “itinerario literario”, na que serán avós e avoas os responsables de ler e contar contos aos máis pequenos. Para asistir a estes contacontos é preciso recoller, con antelación, os convites que se repartiran nas distintas librarías, entre as que se atopan: Internacional, Kathedra, Padre Feijóo, A Nova e Malleira.

Esta iniciativa ten como obxectivos que os receptores aprendan novos valores, ao tempo que reciben coñecemento a través dos contos, impulsando o hábito da lectura, poñendo en valor o concepto e a importancia da familia. Ao mesmo tempo Avó... cóntame un conto fomenta a lectura en voz alta acompañada por representacións teatrais de títulos como A Velliña Vella, de Vicente Risco ou Os tesouros da Illa de Granellandia, de Paco López Barxas e Eugenio Granell.

Avó... cóntame un conto tamén potencia as actividades en diferentes barrios da cidade de Ourense e ademais unha actividade que potencia o envellecemento activo de feito que engloba numerosos beneficios para amplo abano de idades.