Print this page

Culleredo celebra o Día do Libro cunha semana de actividades

Rate this item
(0 votes)

O Concello de Culleredo ofrece unha programación especial esta semana co gallo da celebración do Día do Libro mañá martes. Tratarase da XIII edición da Semana do Libro, con iniciativas dirixidas tanto a público infantil e xuvenil coma adulto co obxecto de promocionar a lectura.

A XIII Semana do Libro combinará contacontos, con charlas literarias, un achegamento á ciencia e un obradoiro de manga. Para a maioría das actividades é necesaria unha inscrición previa, polo que é necesario contactar coa Concellaría de Cultura, sita no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Programa da XIII edición da Semana do Libro de Culleredo

Luns 22
Contaconto ilustrado: “Mira como cho conto”, a cargo de Xanela Ocio e Animación
B.M. O Burgo ás 18.30 h.
A partir de 3 anos, entrada libre.

Martes 23
Tertulia de Literatura e historia sobre o libro “La ladrona de libros”
B.M. Vilaboa de 19.30 h. a 20.30 h.
Adultos, entrada libre.

Mércores 24
Tertulia de Literatura e historia sobre o libro “As rulas de Bakunin”
B.M. O Burgo de 11.30 h. a 12.30 h.
Adultos, entrada libre

“A ciencia é divertida”, a cargo de Nita
B.M. O Burgo
18.00 h. para nenos de 0-3 anos
19.00 h. para nenos 3-6 anos
Inscrición previa

Xoves 25
Obradoiro de manga, a cargo de GoChi
B.M. O Burgo ás 18.30 h.
A partir de 9 anos, inscrición previa.

Venres 26
Obradoiro de contos "O conto da leiteira"
B.M. O Burgo ás 18.30 h.
De 4 a 8 anos, inscrición previa