Print this page

Convocado o concurso-exposición Letras Galegas 2017 para centros educativos

Rate this item
(1 Vote)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística do goberno galego convoca o Concurso-Exposición Letras Galegas, que cada ano se leva adiante co obxectivo de potenciar o coñecemento do autor homenaxeado o 17 de maio, da situación sociolingüística que lle tocou vivir e, en xeral, da súa época histórica. Os centros educativos participantes neste certame terán prazo ata o 22 de xaneiro de 2017 para entregaren unha exposición que recolla estes aspectos da obra de Carlos Casares, a quen a Real Academia Galega distingue coas Letras Galegas do vindeiro ano.

As exposicións gañadoras difundiranse no Portal da Lingua Galega e serán distribuídas por máis de 2000 puntos de interese: centros educativos, lectorados da Rede de Centros de Estudos Galegos, entidades da Rede de dinamización lingüística, centros da emigración ou bibliotecas, entre outras. Os colexios e institutos participantes na súa elaboración recibirán un premio en metálico e, por primeira vez, o profesorado obterá un certificado de premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado, ou 30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto gañador.

As exposicións que se presenten ao certame deberán constar de 10 carteis orixinais e inéditos de 70x50 cm acompañados dunha guía con actividades que orienten a observación da mostra e fomenten o labor de investigación do alumnado. A técnica que se empregue nos devanditos carteis será libre e estes poderán ser presentados a cor.

Additional Info