Print this page

Contos para nenos que dormen deseguida e O pintor do sombreiro de malvas, na lista dos White Ravens

Rate this item
(0 votes)

Os White Ravens son as distincións coas que todos os anos a Internationale Jugendbibliothek de Munich selecciona os libros de todo o mundo máis importantes en literatura infantil e xuvenil. Son en total 250 títulos en 36 linguas, que pasarán a formar parte dun catálogo e estarán presentes na Feira do libro Infantil de Bologna, a cita máis importante en LIX do mundo.

En galego son dúas as obras escollidas: Contos para nenos que dormen deseguida (Kalandraka) de Pinto&Chinto e O pintor do sombreiro de malvas (Xerais) de Marcos Calveiro. Estes dous libros xa recibiron hai un par de meses os premios Fervenzas Literarias, outorgados polos lectores, ao Mellor libro infantil e ao Mellor Libro xuvenil, respectivamente.

Podes consultar o resto dos premiados nesta ligazón: http://www.ijb.de/files/whiteravens/wr11/Languages11.htm