Print this page

Contos Estraños presenta unha colección de novelas ilustradas de xénero fantástico e de aventuras dirixidas ao público infanto-xuvenil

Rate this item
(0 votes)

Contos Estraños Editora ven de presentar "A miña primeira novela de...", un proxecto de micromecenado dispoñible en Verkami. Trátase dunha colección de novelas ilustradas dirixidas ao público infanto-xuvenil. Cada novela abordará un xénero ou subxénero distinto: maxia, literatura épica, oeste, ciencia ficción...

Cada título compleméntase cunha serie de fichas didácticas e interactivas (provistas de Códigos QR) con información relativa á temática tratada. Asemade, cada un dos volumes contará cunha guía de lectura dixital pensada para o persoal docente que queira traballar cos textos na aula.

Os catro primeiros títulos, que contan con ilustracións de Iago Torres París son:

Pegadas de búfalo de Tomás Rivera.

As probas do mago de Vanesa Santiago.

A caída de Guiomar de Alba Rozas.

Visitantes da estrela vermella de Tomás G. Ahola.

Publicaranse catro volumes anuais cun ritmo trimestral.

As interesadas en participar deste proxecto poden facer diferentes achegas, coas que recibirán as recompensas correspondentes, dende a propia web de Verkami.

Contos Estraños Editora é unha asociación cultural sen ánimo de lucro nada no ano 2011 coa intención de promover a literatura de fantasía, terror e ciencia ficción